Carta ao Papa León XIV da Revolta de Mulleres na Igrexa – Alcem la Veu

Estimado León XIV:

Dámosche a benvida e alzamos a mirada cara a ti á vez que alzamos a nosa voz nesta carta.

Escoitámoste reiteradamente chamar á unidade. A unión entre católicos é un dos teus temas preferidos pero nós, as mulleres que pertencemos a Revolta das Mulleres na Igrexa- Alcem la Veu non nos sentimos unidas aos nosos irmáns homes, senón máis ben separadas polo simple feito de ser mulleres.

Como mulleres bautizadas, alzamos a mirada a Xesús de Nazaret, ao Cristo da fe, e sentímonos plenas e unidas en fraternidade e en sororidade con todo o Pobo de Deus pero, se a lzamos a mirada cara á Igrexa, sentímonos invisibles, ninguneadas, separadas, discriminadas. Dános a sensación de que o noso bautismo non é pleno, é de auga, non de Espírito, non de Ruah como nos gusta dicir.

Porque ese mesmo bautismo para os homes ten unhas consecuencias plenas. Dálles a opción para participar, de forma íntegra, nos sete sacramentos, colocándoos nunha xerarquía, por encima da metade da humanidade. E para nós, as mulleres, polo simple feito de selo, hai un sacramento vetado, o da orde. Aos outros, excluíndo o sacramento do matrimonio, só podemos optar de forma parcial, unicamente en calidade de “oíntes”: podémolos recibir pero non administrar.

O bautismo únenos a Cristo en igualdade de pertenza e carismas ao converternos a todos en Fillos e Fillas de Deus. Esa é a verdadeira unión de todas as persoas bautizadas: a filiación a un Deus Pai-Nai e a fraternidade cos irmáns e irmás. Pero na Igrexa non se dá.

Así que nós, mulleres da Revolta das Mulleres na Igrexa-Alcem la Veu, que estamos na marxe do camiño eclesial, feridas pola falta de recoñecemento en igualdade dos dons do noso bautismo, pedímosche que alces a mirada, que nos mires de verdade, que vexas todas as mulleres que traballamos pola nosa Igrexa e para a construción do Reino de Deus. Que nos mires e que nos vexas cos mesmos ollos cos que nos sentimos miradas por Xesús, o que pasou pola vida facendo o ben. E, coma o bo samaritano, fagas algo: repares os danos, te impliques na restitución do lugar ao que estamos chamadas como fillas dun mesmo Deus e non poñas escusas nin pases de largo ante as nosas feridas como o fixeron o levita e o sacerdote.

Unidas en oración a toda a Igrexa, seguiremos alzando a nosa voz, Ata que a igualdade sexa costume na Igrexa.

Revolta das Mulleres na Igrexa – Alcem la Veu de:

A RioxaGuipuzkoaSevilla
AlacanteHuescaTenerife
As Palmas de Gran CanariaLeónTeruel
AsturiasLugoValencia
BadaxozMadridValladolid
BarcelonaMálagaVigo
BilbaoMenorcaVitoria-Gasteiz
BurgosMurciaXaén
CabraNavarraXerez
CantabriaPalenciaZaragoza
CórdobaSalamanca 
GranadaSantiago de Compostela 

Comparte éste artículo
No hay comentarios