Os populares lograron algo que non debería ser excepcional: “o respaldo unánime da corporación de tres das catro proposicións que se presentaron hoxe no pleno”
O Grupo Municipal Popular conseguiu que o pleno aprobase por unanimidade tres iniciativas de grande impacto para os lucenses.
Por unha banda, aprobouse a nosa proposta para bonificar o IBI e eliminar a plusvalía aos propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación urbanística nas áreas de expansión, que están a pagar como solo urbano sen poder construír. Unha medida de xustiza que corrixe unha situación inxusta para moitas familias. Cando o PSOE e o BNG rectifican, acertan.
Asemesmo, logramos tamén o respaldo unánime para protexer os núcleos de poboación de instalacións industriais de produción enerxética mediante a actualización da ordenanza ambiental municipal de 1995, que permanecía esquecida nun caixón. O obxectivo é garantir distancias mínimas entre instalacións e vivendas, ofrecendo seguridade xurídica e tranquilidade aos veciños, no exercicio das competencias municipais en materia de medio ambiente.
O terceiro acordo que o Partido Populaar conseguiu sacar adiante é a petición para que o Concello impulse a candidatura para Lugo sede da Axencia Estatal de Saúde Pública para situar a nosa cidade como referente nacional en políticas de saúde pública.
Lugo ten potencial para ser sede da nova Axencia Estatal de Saúde Pública xa que contamos con recursos clave como o Laboratorio Central de Saúde Pública e o Centro Integral da Residencia.