O PP denuncia o “deficiente” arranxo realizado na estrada LU-P-5001, en Quiroga, e esixe unha renovación integral para garantir a seguridade

Antonio Ameijide denuncia que “ninguén pode entender que José Tomé, o PSOE e o BNG teñan nesta situación esta estrada provincial”, xa que “o máis normal é que cando se realizan uns arranxos se realicen ben, porque facelos de calquera forma, ademais de poñer en risco a seguridade o que fai é enfadar máis aos veciños”.

A “nula atención” polo mantemento das estradas provinciais de PSOE e BNG é unha realidade en 66 dos 67 concellos da provincia, e, neste caso, Quiroga non é alleo a esta realidade que “sufrimos todos os lucenses”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto á presidenta local do PP de Quiroga, Rosa Arza, e o voceiro municipal, Adrián González, comprobaron o estado de mantemento da LU-P-5001, entre Ponte Barreiro e Villarbacú, que está recién arranxada desde Villarbacú ao tanque de Bustelo, pero no cruce das Eiras, cara Fisteus, está en mal estado. Pero o punto que presenta maiores deficienciasé na Goia, onde baixou un pouco a estrada e para tentar arranxalo cubrírona con terra.

Antonio Ameijide denuncia que “ninguén pode entender que José Tomé, o PSOE e o BNG teñan nesta situación esta estrada provincial”, xa que “o máis normal é que cando se realizan uns arranxos se realicen ben, porque facelos de calquera forma, ademais de poñer en risco a seguridade o que fai é enfadar máis aos veciños”. 

Unha situación que se engade á da estrada provincial LU-P-5002, que dá acceso ao Miradoiro da Conchada, unha estrada da que recientemente tamén se denunciou o seu mal estado. Nesta estrada, tras percorrela, comprobouse como hai fochancas de grandes dimensións, sinalización en mal estado ou curvas sen barreiras de seguridade con caídas de varios metros.

Dende o Grupo Provincial Popular denunciaron que na revisión realizada comprobouse “que hai anos que non se realiza nin o máis mínimo traballo de conservación, porque fochancas deste tamaño non aparecen nunha semana nin nun mes, son anos e anos de abandono”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios