A Deputación da Coruña subvenciona con 509.000 euros os investimentos culturais das entidades sen fins de lucro en 2025

Os cen beneficiarios recibirán axudas de entre 3000 e 13 000 €.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión definitiva do programa FO204, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2025. A administración provincial inviste 508.935 euros, repartidos entre cen beneficiarios, que recibirán axudas de entre 3.000 e 13.000 euros.

As subvencións distribúense así:

• 61 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria na provincia da Coruña: 317 449 €.

• 5 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria tanto dentro como fóra da provincia da Coruña: 21 441 €.

• 8 entidades veciñais e de tempo libre: 33 290 €.

• 9 entidades socioeducativas: 36 472 €.

• 4 entidades representativas dos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega: 16 444 €.

• 13  fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas: 83 836 €.

«Na área de Cultura da Deputación», sinalou a titular do departamento, Natividade González, cremos firmemente que investir en cultura é investir no benestar da nosa sociedade. É investir en coñecemento, en creatividade, en cohesión social e en oportunidades. Por iso, seguiremos traballando para facilitar os recursos necesarios que permitan ás nosas entidades culturais seguir medrando e desenvolvendo todo o seu potencial».

A relación de beneficiarios pode consultarse no BOP do 31 de xullo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios