Comunicado de APRAFOGA desmentindo as imaxes dun vídeo onde se acusa a un axente de provocar un incendio forestal

Ante a difusión dun vídeo viral nas redes sociais no cal se acusa a un axente de provocar un pequeno foco de lume na beira dunha pista, dende a Asociación Profesional de Axentes Forestaise Medioambientais de Galicia ( APRAFOGA ) manifestan o seguinte:
1/ negan rotundamente a veracidade destas graves acusacións.
2/ o procedemento ou protocolo habitual na extinción dun incendio forestal comeza coa presenza dos axentes no lugar para comprobar o estado e a progresión do lume. Avaliar cal é a súa localización exacta, determinar os riscos e proceder a priorizar e mobilizar ós medios necesarios.
3/ neste proceso é común que os axentes informen e advirtan as persoas que se atopen nesa zona da necesidade de abandonar o lugar tanto pola súa seguridade como para evitar que dificulten os traballos de extinción.

4/ lamentan profundamente de xeito público a difusión de contidos que poñen en dúbida o labor dos profesionais que actúan baixo protocolos establecidos co único obxectivo de garantir a seguridade pública e protexer o medio natural. Reiteran o seu apoio o axente afectado por esta calumnia ou difamación grave, e a todos os axentes que desempeñan a súa laboura con especial entrega e gran profesionalidade.

5/ advirten que a difusión de acusacións falsas e a propagación de BULOS poden ter consecuencias legais, tanto por atentar contra a honra dos axentes forestais, como por entorpecer os traballos de urxencia deste tipo de incendios.
Esta Asociación vai estudar a adopción de medidas llegais no caso de que se continúen difundindo ou amplificando contidos que poñan en dúbida, sen base, danando a imaxe dos compañeiros afectados por estas informacións falsas.

Vídeo subido nas redes sociais que denuncia APRAFOGA

Red social onde denuncian o presunto incendio

Comparte éste artículo
No hay comentarios