O BNG de Ourense denuncia que a Xunta cedeu gratuitamente o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén para xogos privados de combate

O deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Iago Tabarés, ven de denunciar denunciar públicamente o uso ilexítimo das instalacións do Centro Integral para a Loita Contra os Lumes (CILL) de Toén, destinado á formación de bombeiros forestais, tras recoñecer a Xunta de Galiza en resposta ás  preguntas do grupo nacionalista,  a cesión do CILL para a celebración de xogos de combate con aire comprimido e bolas de pintura, aínda evitando informar da identidade das entidades beneficiarias nin do número de ocasións nas que se cederon estas instalacións públicas, e en contra do que afirmara no seu día o Director Xeral de Defensa do Monte.

O CILL, inaugurado hai case dous anos, foi concibido como un espazo de referencia internacional na formación dos profesionais da extinción de incendios forestais. Para a súa posta en marcha investíronse máis de 4 millóns de euros de fondos comunitarios, dotándoo de infraestruturas para a práctica da condución de vehículos de extinción, adestramento físico e técnico.

Tal como sinalou l o BNG nas preguntas remitidas á xunta, no último acto de inauguración o presidente da Xunta de Galiza indicou que o CILL “centralizará tanto a formación continua de bombeiros forestais como a instrución de novos profesionais neste eido” tanto nacionais, como internacionais; dispoñendo ademais dun aula medioambiental para formar estudantes de toda Galiza. E tal como se informou á comisión sétima do Parlamento de Galiza, na visita realizada ao centro a instancias do BNG, o espazo tamén servía puntualmente para adestramento da Unidade Adscrita á Policía Autonómica e da Policía Local, e expresouse reiteramente que en ningún caso se realizaban prácticas de tiro posto que non existía espazo acondicionado a tal fin.

O deputado do BNG, Iago Tabarés, manifestou que resulta incomprensible que un recurso público deseñado para a formación dos profesionais encargados da extinción dos incendios forestais sexa adicado para “outras actividades” privadas, sen que conste se adoptaran ou exixiran a adopción de medidas de ningún tipo para garantir a protección do espazo público ou o seu eventual deterioro

Tabarés rematou sinalando e insistindo en nome da organización nacionalista que o CILL debe ser destinado unicamente aos fins formativos e de servizo público que motivaron a súa creación, en lugar de abrirse a usos privados incompatibles coa súa natureza.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios