O Rosal escribe unha nova páxina da súa historia da man da mocidade

O Concello e preto dunha vintena de rapaces e rapazas rosaleiras de entre 19 e 25 anos integran un grupo de traballo pioneiro no municipio que nace coa vontade de recuperar a memoria colectiva e histórica do Rosal dende unha ollada diferente que combinará lembranza, identidade e futuro. 

Un colectivo aberto no que conviven diversidade, ilusión e compromiso e que actualmente está xa composto por mozas e mozos procedentes de ámbitos tan diversos como a Historia, as Ciencias Sociais, as Ciencias Políticas e da Administración, a creación artística, a comunicación audiovisual ou o tecido cultural. Desde esas diferentes perspectivas, o grupo está a traballar na reflexión conxunta e na definición de accións que permitan preservar e difundir o patrimonio histórico e colectivo do municipio dun xeito innovador, vivo e participativo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios