La Junta de Compensación Parque de Oza entrega el PERI reformado del Castrillón incorporando las sugerencias vecinales y ambientales de la Xunta

Os propietarios dos terreos presentaron no Rexistro municipal a proposta reformada que dá encaixe ás recomendacións e condicións trasladadas antes do verán: Torres retranqueadas con máis permeabilidade, máis espazos verdes (un 93,36% máis que o esixido na propio PXOM), máis prazas de aparcamento, máis equipamentos públicos e un estudo de mobilidade que garante o funcionamento do tráfico no barrio conforman esta nova proposta.

O plan urbanístico que permitirá rematar o barrio coruñés do Castrillón, incorporando as suxerencias e indicacións presentadas durante o trámite de Avaliación Ambiental por particulares, asociacións veciñais e administracións, xa está en mans do Concello para que poida iniciar a súa tramitación administrativa. Os propietarios dos terreos, máis dos 50% particulares e veciños do propio barrio -integrados en la Junta de Compensación Parque de Oza- rexistraron onte mesmo a proposta reformada.

En resposta á recomendación da Xunta respecto a minimizar o impacto visual das tres torres proxectadas, viráronse e retranqueáronse os volumes, deseñando un escalonamento de cinco plantas cara a Antonio Ríos que permite reducir a cornixa edificatoria a escala do peón, e aumentado a separación entre elas coa fin de obter máis perspectiva visual e permeabilidade desde o interior de todo o ámbito. A destacar, tamén, o incremento de espazos verdes, que acadan os 12.724 metros cadrados, isto é, un 93,36% máis que o esixido na propio PXOM. Se a eles sumamos os espazos libres privados de uso público, o espazo libre disfrutable case alcanza os 20.000 metros cadrados.

Evitar incrementar a presión do tráfico alleo ao barrio

Respecto á mobilidade, o estudo de tráfico da proposta realizado por Eptisa confirma o seu correcto funcionamento.  Este estudo resalta, entre as súas determinacións, que a interrupción rodada da Avenida da Concordia evitará concentrar un exceso de intensidade e conxestión de tráfico nesa vía, metendo máis presión sobre o barrio dun tráfico alleo a el. Auméntanse tamén a 344 as prazas públicas de aparcamento (habendo ademais previsión de aparcamento subterráneo público) e refórzase o transporte público e as estacións de bicis de alugueiro.

Un espazo de memoria que funcionará como un edificio conector de tránsito

Outro dos cambios singulares da proposta reformada ten que ver co antigo concello de Oza. Este espazo de memoria amplía o seu significado e a súa función. Se inicialmente se expuña só unha fronte cara á rúa Montes agora lévase ata a rúa Antonio Ríos, redeseñando un equipamento público que funcionará, ademais, como un edificio de tránsito que facilite aos veciños a mobilidade en vertical, conectando ambas as rúas con ascensores e mellorando por tanto a accesibilidade e conectividade dun barrio complexo polo seu propio relevo. Tal e como solicitou o informe de Medio Ambiente da Xunta de Galicia entrégase tamén un estudo de soleamiento completo, nas distintas estacións do ano e en distintas franxas horarias.

Transparencia

Cumprindo co compromiso de transparencia adquirido dende o minuto un pola Xunta de Compensación Parque de Oza respecto ao barrio, trasladará esta mesma semana a partidos políticos e directivas das tres asociacións veciñais da contorna a súa oferta para reunirse e explicar detalladamente este proxecto reformado que, unha vez presentado no Concello, comezará a súa tramitación administrativa, isto é, a súa aprobación inicial e exposición pública.

Vivenda protexida e 1.300 árbores

É preciso lembrar que o 10% da edificabilidade residencial será para vivendas de protección oficial xestionadas polo propio Concello da Coruña e que, en aplicación da regra 3, 30, 300 o barrio incorporará coa execución deste proxecto 1367 árbores, isto é 1 árbore por cada cen metros cadrados de edificabilidade. Entre estas zonas verdes e os dous grandes parques que rodean ao Castrillón este será, probablemente, o barrio coruñés con máis zona verde ao seu dispor.

Os 66.383 metros cadrados que compoñen este ámbito de actuación urbanística pertencen ao redor de 150 propietarios, máis do 50% da superficie total en mans de particulares -moitos deles veciños da zona que levan máis de trinta anos á espera do seu desenvolvemento- e o resto son propiedade de Aliseda, a Fundación Juana de Vega, la Sareb, o propio Concello da Coruña e varias mercantís. A edificabilidade contemplada é la fixada polo PXOM, isto é, 136.704 metros cadrados, referendada pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta no seu trámite

Comparte éste artículo
No hay comentarios