O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo no acto institucional de celebración do Día da Merced, patroa dos corpos de Institucións Penitenciarias.
No acto estiveron os directores dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso, José Manuel Pernás e Félix Rodríguez, respectivamente, xunto con representantes do ámbito administrativo e social da provincia. Con esta celebración, reafírmase o compromiso das institucións co labor penitenciario e co valor da reinserción.