“Dous rombos… Pasa para a cama” chega a Lalín

Calquera tempo pasado foi mellor… ou non?

O polifacético Sergio Alba, presenta en Lalín o espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un show no que o pasado, estará moi presente.

É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.

Lembraremos entre risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.

Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade.

Para asistir a este show retro-activo, soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.

No Salón Teatro de Lalín (Auditorio do Conservatorio Municipal) o domingo 19 de outubro ás 19.00 horas.

Entradas anticipadas en Don Bombón e Froitería Maragota.

Comparte éste artículo
No hay comentarios