Carballo acolle este venres a tres “Best Sellers” galegos

Pedro Feijoo, Rodrigo Costoya e Rober Cagiao estarán na Libraría Clarión.

A libraría Clarión de Carballo acolle este venres 10 de outubro ás 19:30 un Encontro Literario con tres autores galegos que non paran de vender as súas últimas novelas, tendo como efecto que a xente que os descobre busquen as súas creacións anteriores. Pedro Feijoo está arrasando con Onde nacen as bestas, tamén na súa versión en español. neste caso con duas editoriais diferentes.

No caso de Rodrigo Costoya, coa súa historia O século do milagre, lévanos ao momento clave para o que se está a vivir hoxe en día en Compostela, con centos de miles de persoas peregrinando cada ano. A editorial Pámies, especializada en novela histórica foi a que apostou neste caso pola novela en duas linguas. E acertou.

Ambos estarán acompañados por Rober Cagiao, que coa súa Dama de Anboto ,tamén nos dous idiomas está chegando a novos lectores, tras a longa saga de novelas policiacas que o deu a coñecer, a súa producción en poucos anos é espectacular. E xa ten vendidos centos de miles de exemplares tanto en papel como en libro dixital.

A cita será ás 19:30 horas con acceso ata completar aforo, algo que, de seguro vai suceder. Recoméndase chegar con tempo ante o risco de quedarse fora. Ao finalizar a charla os autores asinarán exemplares das súas novelas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios