O PP destaca o traballo de Armon, un astillero punteiro a nivel mundial na fabricación de buques e embarcións de apoio

Os populares destacan o compromiso da empresa coa “innovación constante e o medio ambiente” ao aplicar as máis novidosas tecnoloxías, tanto nas embarcacións como no seu proceso construtivo, para facelas máis sostibles e, froito deste compromiso, a empresa conta coa norma de aseguramento de calidade ISO-9001 e de garantía ambiental ISO-14001.

Os deputados do Grupo Provincial Popular coñeceron de primeira man o proxecto e todo o traballo que Astilleros Armon realiza en Burela dende o ano 1992, “un traballo incrible dunha empresa punteira no seu sector e que dende a Mariña lucense fabrica embarcacións para todo o mundo”.

Os deputados populares, acompañados dos concelleiros do Grupo Municipal do PP de Burela, coñeceron todo o traballo que se realiza en Armon da man do director de Astilleros Armon Burela, Juan Ramón Pernas, que lles explicou con todo detalle o proceso construtivo das embarcacións, dende o proxecto nos planos ata a botadura á mar.

Dende o Grupo Provincial Popular destacan que na provincia de Lugo “hai empresas punteiras a nivel mundial e, nesta ocasión, tivemos a oportunidade de coñecer Armon, unha gran empresa de recoñecido prestixio en todo o mundo dentro do sector náutico”. “É fundamental coñecer iniciativas empresariais coma esta, que levan o nome de Lugo por todo o planeta, e que son fundamentais para asentar poboación”, destacou.

“Nós témolo claro e gústanos amosar aos nosos veciños exemplos coma este, para que todos teñamos claro que dende Lugo e os seus municipios tamén se poden poñer en marcha iniciativas empresarias de éxito a nivel mundial”, apuntaron.

En Astilleros Armon Burela fabrícanse embarcacións de ata 70 metros nos seus 5.600m2 nos que hai catro pavillóns cubertos. Nestas instalacións poden construírse buques pesqueiros de todo tipo, buques de apoio á industria offshore, remolcadores de porto, ferris de pasaxe, patrulleiras e buques de apoio aos mellores megayates do mundo.

Os populares puxeron en valor a “innovación constante” que teñen en Armon xa que “están a aplicar as máis novidosas tecnoloxías, tanto nas embarcacións como no seu proceso construtivo, para poder facelas máis sostibles”.

Froito deste compromiso medioambiental e de aplicar as máis novidosas tecnoloxías, a empresa ​conta coa norma de aseguramento de calidade ISO-9001 e de garantía ambiental ISO-14001.

Comparte éste artículo
No hay comentarios