Tralas visitas programadas, o alumnado poderá solicitar unha estancia de tres días no centro e presentar a proba experimental que elabore nocongreso científico creado para a ocasión, co obxectivo de que poida vivir a experiencia de primeira man.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, que forma parte da Rede CIGUS, a cal integra a aqueles centros cuxa calidade e impacto de investigación foi acreditada pola Xunta de Galicia, comeza a acoller as primeiras visitas dunha nova edición do proxecto “Incrúst@te: ¿qué é un grupo de investigación? Introdución á investigación en Química e Bioloxía”, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta iniciativa, única en Galicia, busca incentivar a vocación científica entre o alumnadode Educación Secundaria Obragatoria, Bacharelato e Formación Profesionaldos centros educativos galegos.
Durante os próximos meses, ata 400 estudantes das diferentes provincias de Galicia visitarán o centro de investigación. O IES Monte da Vila, do Grove (Pontevedra), foi o primeiro grupo en iniciar estas incursións, onde o alumnado puido descubrir o centro e os seus laboratorios.
Unha vez rematadas as visitas, serán seleccionados ata 20 estudantes a través dunha carta de motivación, para “incrustarse” durante tres días no centro, onde poderán realizar unhas prácticas experimentais baixo a supervisión do persoal investigador. O alumnado poderá escoller as súas preferencias entre os grupos de investigación repartidos nas tres áreas centrais: Alimentación, Contaminación e Saúde e Nanociencia e Biomedicina.
Tralo seu paso polo CICA, terá lugar, como en anteriores edicións, un congreso científico celebrado na Domus da Coruña, no que o estudantadopoderá expoñer o seu traballo con pósters e presentacións orais ante un xurado. As catro iniciativas que saian finalistas poderán realizar unha estancia de ata dúas semanas no centro de investigación para profundar máis no seu proxecto.
O programa desenvolverase ao longo do curso 2025-26 nas seguintes fases:
• Visitas de centros ao CICA e selección de estudantes – outubro e decembro de 2025
• Estadías curtas en laboratorios – xaneiro a marzo de 2026
• Congreso Incrústate – abril de 2026
• Estadías longas en grupos de investigación para o alumnado finalista -abril e xuño de 2026
Incrústate é unha iniciativa pioneira en Galicia desde 2017 que busca fomentar a vocación científica na mocidde para que coñezan o sector de primeira man,mostrarlles as titulacións da Facultade de Ciencias da UDC, ademais de dar visibilidade ao traballo do persoal investigador e ao papel da muller na Ciencia. Polas anteriores edicións realizadas pasaron xa máis de 1.600 estudantes.