“Un centro ao límite: CEIP Gonzalo Torrente Ballester reclama recursos para garantir a atención ao alumnado con necesidades especiais”
A Asociación de Familias do Alumnado (AFA) do CEIP Gonzalo Torrente Ballester convoca e á cidadanía a unha concentración no centro escolar para denunciar a insuficiencia de recursos humanos destinados á atención do alumnado con necesidades educativas especiais.
Actualmente, o centro conta só con unha coidadora, medio orientador, un PT e medio AL, unha dotación claramente insuficiente para atender as necesidades reais do alumnado, incumprindo así o principio de equidade recollido na LOMLOE e na Carta Europea dos Dereitos do Neno (1992).
A comunidade educativa leva meses reclamando á Consellería de Educación a revisión e actualización do catálogo de postos de traballo, así como a dotación completa de profesionais de Orientación, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e persoal de apoio educativo.
Temos preto de 2.000 sinaturas que avalan esta demanda, nun centro que conta con arredor de 190 persoas entre alumnado e profesorado, o que evidencia a magnitude do apoio social á reivindicación.
O caso de Paulo, un dos nenos afectados, é só un exemplo da situación límite que vive o centro. O propio inspector da Xunta confirmou ás familias que “non ían ler ningunha solicitude porque están cumprindo a lei”. É evidente que a lei debe adaptarse ás necesidades reais dos colexios.
Foto. Páxinas Galegas