O PP de Lugo logra a unanimidade do pleno na súa proposta para rexenerar o barrio do Carme baseada nun novo modelo urbano que permita actúar de inmediato

O primeiro paso real cara á recuperación do Carme é apostar por un novo modelo urbano que permita actuar de inmediato.

A proposta do Partido Popular consiste en modificar o actual PERI-6 e deseñar unha nova ordenación que se poida aplicar de forma progresiva sobre os 87.753 m² do barrio. Inclúe tres liñas de actuación claras:

🔹 Extraer vía segregación unha bolsa de solo do Plan Especial, así non se aplicaría o artigo 90 da Lei do Solo. Esto suporía facer valer os dereitos dos propietarios: permitiría rehabilitar, vender, hipotecar,  poñer no mercado de alugueiro.

🔹 Identificar unha ordenanza para esta contorna segregado ben aplicando algunha existente (ordenanza de mazá pechada) ou outra nova.

🔹 Planificar unha segunda fase de rexeneración integral para o resto do barrio do Carme, que complete a recuperación do barrio e da súa contorna.

Promesas incumpridas

Os populares explicaron que dende o grupo municipal veñen reclamando, dende hai anos, unha iniciativa urbanística que rexenere este barrio lembrando como, nestes anos, o único que se fixo por parte do PSOE e do BNG foi gastar 10 millóns de euros de fondos europeos para facer un carril bici, novas pavimentacións ou o coliving de artistas e que estas intervencións tiñan por obxecto transformar o Carme. Lamentaron que “os socialistas miden as súas intervencións polo que gastan, non por como quedan”. Asemesmo indicaron que é preciso que o goberno local reflexione e use os vindeiros fondos europeos que veñen de recibir de forma útil para non repetir erros e facer obras que non supoñen ningún valor engadido á cidadanía.

Os populares tamén fixeron un repaso polas promesas incumpridas con respecto á recuperación do barrio do Carme que pasan polo incumprimento de o aparcamento de 40 prazas nos terereos da confraría; a modificación do PXOM que se anunciou en 2023 unha vez aprobado o 5% pendente; ou o concurso de ideas comprometido en 2024

Contexto urbanístico O Carme

En 1969 o primeiro planeamento incluía o Carme nun Plan Parcial e eliminaba a licencia directa

O PXOM do ao 1992 redactado polo Partido Popular deu unha solución realista que non se materializou

En 2002 o goberno do PSOE con Xosé Ramón López Besteiro anuncio a rexeneración do barrio

O PXOM de 2012 recuperou a idea dun plan especial para a totalidade dos 90.000 m2 de terro e volveu a condenar o barrio á ruína ata o día de hoxe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios