Montse Valcárcel pon en valor o traballo das asociacións culturais na visita á I Romaría tradicional de Cortevella (Baleira)

A deputada no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, acompañada do concelleiro en Baleira, Tino Díaz e militantes da comarca da montaña acompañaron á veciñanza de Baleira que se acercou á I Romaría tradicional da Cortevella en Baleira.

Esta Romaría esta organizada por Toxo Queimado que leva dende o 2019 fomentando a o baile e a música tradicional no concello de Baleira , «temos que por en valor os recursos que temos na música e no baile»explica a deputada nacionalista, «temos que facer que dende os concellos se defenda e potencia, con propostas como esta, a nosa lingua e cultura» expón Montse Valcárcel.

Estamos nunha área recreativa que dende o concello de Baleira debían poñer máis en valor, tivo que vir unha asociación facer unha festa aquí para que a arranxaran e lle lavaran a cara, aínda así «a desaparición do 
ultimo banzado da área provoca unha corrente que vai ir destruíndo a beira do ría pouco a pouco» afirmou Tino Díaz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios