Concerto de Salvador Amor na CGT da Coruña: Xoves 18 de Decembro

O vindeiro xoves, 18 de decembro de 2025, ás 20:15, o Salón de Actos da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6, baixo) acollerá un Concerto do cantautor Salvador Amor, organizado en colaboración co Ateneo Aurora, que ven de nacer o pasado mes de novembro.

Nado en Madrid, o 11 de setembro de 1980, Salvador Amor é porteño de adopción, fillo e neto de músicos, canta e toca a guitarra desde que ten memoria… e son xa máis de dúas décadas subido ao escenario. Cun feixe de discos autoeditados ás súas costas, sempre sen renunciar á liña e ao compromiso de quen sinte e respecta a canción como medio de transformación social. Este concerto abre unha pequena xira por Galicia que o levará tamén a Ourense e Pontevedra.

O acto ten un aforo limitado e a entrada segue un sistema de “taquilla inversa“ (entrada libre con achega voluntaria ao remate).

Comparte éste artículo
No hay comentarios