Despois de meses de reunións coa patronal e mobilizacións para chegar a un acordo, sen apenas resultado, vímonos na obriga de convocar hoxe unha folga no noso centro do hipermercado Vegalsa Eroski de Ribadeo.
Estes son os motivos:
- Temos o peor convenio de empresa de todo o sector da alimentación.
- Sufrimos unha enorme carga de traballo.
- Existe moita precariedade, con numerosas xornadas parciais, quendas partidas e horarios que non favorecen a conciliación familiar.
- Non se recoñece a polivalencia nin a responsabilidade en certos postos.
- Reclamamos salarios dignos e que se recompense minimamente, dunha forma razoable, a antigüidade.
- Non á apertura de festivos (7 no 25 e 7 no 26), ou polo menos non nas ridículas condicións actuais