Ás 11 horas sairon centos de persoas en andaina desde o Centro de Saúde de Viveiro para rexistralas

Viveiro volveu sair hoxe á rúa para defender a sanidade pública e a cobertura de persoal de medicina de familia e pediatría no seu Centro de Saúde ao cen por cen, de xeito estable, todos os días e durante a quenda completa.

Convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña , unha multitude de viveirenses e persoas que se achegaron desde diversos puntos da Mariña, iniciaron ás 11 horas da mañá unha andina que saiu do Centro de Saúde e se dirixiu á Delegación Territorial do Mar en Celeiro. Unha representación da Plataforma Sanitaria dirixiuse ás oficinas do rexistro para dar rexistro e entregar as preto de seis mil sinaturas dirixidas ao Conselleiro de Sanidade e se  levan recollendo  desde o 18 de setembro.que

 Posteriormente  tivo lugar unha  concentración diante do edificio da Delegación da Xunta dando  así continuidade ás concentracións que veñen convocándose ininterrumpidamente desde hai oito meses en diversas ubicacións da cidade de Viveiro.

O pobo de Viveiro e a Mariña non se rinden.

Este acto de entrega de sinaturas e concentración  significan que o pobo de Viveiro non se rinde, e que continuará organizándose na defensa das sanidade pública coa dotación  completa de profesionais da sanidade .

Samuel Fernández Bouza , veciño de Viveiro e integrante da plataforma sanitaria afirmou que se o señor Conselleiro de Sanidade pensou que aquí remata a nosa loita, “equivócase pois este pobo abandonado polos gobernos do PP sabe resistir temporais , sabe poñerse en pé cando cae e sabe loitar de xeito incansable polos seus servizos públicos, pola súa industria, polas súas infraestruturas, polo seu comercio, polo seu sector primario e pola súa xente con dignidade” .

A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro anunciou ao final da concentración que desde SOS Sanidade Pública hai convocada unha manifestación en Santiago o “domingo 1 de febrero e que sairá da Alameda para rematar na Praza do Obradoiro. Como parte que facemos de SOS acudiremos a esta manifestación e poñeremos autobuses para o desprazamento desde diversos puntos da Mariña que xa iremos anunciando”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios