Brath comezou o pasado 10 de xaneiro en Barcelona no Tradicionarius a xira para celebrar os seus 45 anos por escenarios de medio mundo e que ten como título xenérico 45 Old Tour.
A seguinte parada foi este domingo pasado día 18 en Madrid na sala Galileo no que acadaron outro éxito tanto artístico como de publico.
Esta xira ten como base o novo disco de Brath 45 Old que foi gravado nos EC estudos de Lugo e que estará na tendas nuns días.
Neste novo disco Eloi Caldeiro irrompe cunha obra que é unha sinfonía onde a mística celta, a raíz galega, a forza orquestral e a enerxía electrónica elévanse como un só pulso. Este é un álbum: que ten algo de explosión creativa, un rito sonoro, unha travesía cara a territorios onde a música se transforma en lenda.
Tras máis de catro décadas desafiando límites, desde a mítica primeira entrega de Kalaikia (Philips, 1982) ata os seus 13 álbums de exploración incansable, Caldeiro e
BRATH celebran o seu 45º aniversario coa súa obra máis ambiciosa. 45 OLD é unha odisea que destila herdanza, rebeldía e visión.
O seu primeiro single, titulado “No pasamento”, é un himno creado para o seu propio funeral. Unha peza estremecedora, case ritual, que se ergue como un diálogo coa morte, a memoria e o propio sentido da existencia. É a porta de entrada a un universo onde cada nota respira emoción e destino.
O álbum percorre paisaxes que aínda vibran na historia:
“No barranco da Poqueira”, homenaxe aos agricultores galegos arrancados da súa terra para repoboar as Alpujarras.
Un canto luminoso dedicado a Lisboa, cidade de pontes e saudade.
Un tributo conmovedor a Astigarraga, localidade guipuscoana que acolleu a Caldeiro durante un tempo.
Para esta celebración, BRATH reúne un elenco artístico de primeiro nivel: Agus Barandiaran (Korrontzi), a soprano grega Villy Kyriakopoulou, a voz portuguesa Inés Mariana Bártolo, os músicos lusos Rui Simôes e Miguel de Morais, e o arxentino Alberto Gambino. Un cruzamento internacional que potencia a esencia mestiza do proxecto.
Prepárate. 45 OLD non só se escoita: vívese.
Unha viaxe onde os espíritos antigos e a vangarda danzan ao mesmo ritmo. Prepárate para mergullarte nunha obra onde a tradición dialoga.