Narón acolle o Campionato Galego de Latinos 2026 con gran participación

O pasado 26 de abril a localidade de Narón foi escenario do Campionato Galego de Latinos 2026, unha cita destacada do calendario autonómico que reuniu a deportistas de diferentes categorías nas modalidades de solo e parella.

Na modalidade de latinos solo, proclamáronse campións galegos: Carla Gómez (xuvenil I), Sofía Mellado (xuvenil II), Claudia Méndez (júnior I), Ako Claudia Rodríguez (júnior II), Julia Fuenteluz (youth), Alba Mourelle (adulto) e Pilar Sánchez (senior).

En parellas, os títulos do campionato foron para: Lucas Seoane e Lara Prados (xuvenil I), Manuel Prado e Almudena Prado (xuvenil II), Manuel Ureña e Carla Fontán (júnior I), Raúl Romero e Serena Díaz (júnior II), Manuel Barreiro e Alba Falcón (youth), David Vigo e Marta Castaño (adulto I), Marcos García e Ángela Méndez (adulto II), Ismael Pardo e Lucía Fernández (senior I), Pablo Chao e Nuria Saco (senior II), Óscar Arroyo e María Belén Pedreira (senior III), Fernando Caneiro e Ana María Bellón (senior IV) e Román Lago e Rosa Bea Vieites (senior V).

A competición desenvolveuse cun alto nivel técnico e unha notable participación, consolidando o Campionato Galego de Latinos como unha das principais citas da danza deportiva en Galicia.
Dende a Federación Galega destácase o esforzo e a dedicación dos deportistas, así como o traballo dos clubs e técnicos, fundamentais para o desenvolvemento desta disciplina.

Comparte éste artículo
No hay comentarios