Amigas das Árbores: “O desleixo e inacción das administracións públicas poñen en risco a saúde pública”


A mediados de decembrro do 2025 fixemos denuncia da presencia da cianobacteria «planktothrix rubescens» na poza que foi creada pola empresa «Feldespatos Sarreaus», poza a carón da Pedra Alta na que foi Lagoa de Antela no concello de Sarreaus.

A poza mailos terreos onde estaba ubicada a explotación de feldespatos hai un cartel que di que é de «Aliseda inmobiliaria», inmobiliaria vinculada ao grupo Banco de Santander.A cianobacteria de cor vermello que apareceu na poza no corazón de Antela é moi perigosa!!! distintos informes científicos así o demostran, perigosa para os ecosistemas e para a propia saúde das persoas.
Despois de máis de mes e medio ningunha das institucións nas que rexistramos as denuncias (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Consellería de Medio Ambiente) informaron de cal é a situación desta grave contaminación, nin fixeron nada para evitala ou resolver a eiva e o risco para a saúde púbica.
Diante deste manifesto desleixo e inacción na semana que ven imos por os feitos en coñecemento da Fiscalía de Ourense.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios