A novena edición dos Premios Youtubeiras+xa ten gañadoras e gañadores

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores. Esta tarde, no Teatro Jofre, deuse a coñecer o palmarés da novena edición deste certame que, organizado polos servizos normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo; e mais da Deputación da Coruña, ten como obxectivo promocionar o talento en galego nas redes sociais.

Á gala, que foi presentada por Leila Fernández (membro da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke), asistiron representantes das 28 canles finalistas. Ao longo da velada, deuse a coñecer o ditame do xurado que, nesta edición, estivo conformado por Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; María Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e Uxío Broullón, ilustrador e deseñador gráfico.

O Premio á Creación de Contidos levouno Konachadas. O xurado decidiu galardoar esta canle pola “súa calidade visual, a súa imaxinación e a súa capacidade” para converter calquera temática “nunha mensaxe reflexiva, divertida e reivindicativa apta para todos os públicos”.

O Premio á Mellor Canle distinguiu a Rodri Míguez. O xurado considerouno merecente do galardón “polo seu labor xornalístico, a súa traxectoria e a promoción da música en galego de xeito altruísta”.

O Premio ao Mellor Pódcast recaeu en Fóra de mapa pódcast por “usar as súas voces para crear un conxunto de pezas sonoras en forma de xanela coa que achegármonos á culturas, minorías e linguas, cunha edición coidada e profesional”.

O Premio Calidade Lingüística acadouno Patri Otero por, en palabras do xurado, “utilizar e fomentar o bo uso da lingua galega, así como a súa normalización dun xeito exemplar”.

O Premio Revelación foi para O búnker debuxos. O xurado salientou desta canle a súa capacidade de “sorprender e abraiar a través da animación orixinal e artesanal, dándolle unha nova vida e unha volta a memes de noso”

O Premio Rede conquistouno ChutenMeme por conseguir “a través do humor” xerar “novos lazos virtuais” e facer “medrar a comunidade dixital galega”.

O Premio do Público, o único que non decidiu o xurado ao se determina4 por votación popular a través da Rede, foi para o vídeo Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela.

Nesta novena edición dos Premios Youtubeiras+ rexistrouse a concorrencia de 126 canles diferentes, cifra que bateu a marca histórica do concurso e superou a colleitada na edición anterior, en que participaron un total de 89 canles. Nesta edición, que distingue o labor realizado pola comunidade creadora de contidos en galego na Rede ao longo de 2025, permitiuse a concorrencia de perfís en todo tipo de plataformas. Esa foi a gran mudanza nas bases, xa que na oitava edición só puido participar quen tivese perfís no YouTube e TikTok.

Á gala de entrega dos Premios Youtubeiras+ asistiron representantes das diferentes institucións organizadoras como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra; a concelleira de Normalización Lingüística de Carballo, Ángeles Pacoret; a Concelleira de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude de Oleiros; María José Santos; a concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas e Rural de Santiago, Pilar Lueiro; a concelleira de Asuntos Sociais e Emprego de Rois, María Mercedes Basante, ou a vicerreitora de Igualdade e Diversidade da Universidade da Coruña, Cristina López.

RELACIÓN DE GAÑADORES/AS POR CATEGORÍAS

(Entre parénteses especifícase o concello de residencia das persoas creadoras)

Premio á Mellor Canle

Rodri Míguez (Redondela e Bueu)

Finalistas

Premio á Creación de Contidos

Konachadas (Concello de orixe: Viveiro, na actualidade reside en Rois)

Finalistas

Premio ao Mellor Pódcast

Fóra de mapa pódcast (Meis e Vigo)

Finalistas

Premio á Calidade Lingüística

@patriiotero (Santiago de Compostela)

Finalistas

Premio Revelación

O búnker debuxos (Ferrol)

Finalistas

Premio Rede

ChutenMeme (Santiago de Compostela)

Finalistas

Premio do Público

«Cada historia, unha vida». 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela (Culleredo)

Finalistas

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios