Marín activa a campaña “Bonos Comercio” para mobilizar o consumo nos establecementos da vila

O Concello de Marín, en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA) Estrela de Marín, pon en marcha a campaña “Bonos 20/30 do Comercio de Marín”. Esta nova acción de dinamización ten como obxectivo prioritario impulsar as compras de proximidade e ofrecer un apoio directo ao tecido comercial local mediante incentivos económicos aos consumidores.

A campaña consiste na posta en circulación de 600 bonos desconto por valor de 10 euros cada un. Estes bonos poderán ser empregados nos comercios adheridos, xerando un retorno económico inmediato nos negocios da vila e facilitando o aforro ás familias. O Concello de Marín asume o custo total dos bonos, mentres que a Xunta de Galicia cofinancia a actividade e o CCA Estrela de Marín encárgase da xestión técnica e operativa.

A cidadanía poderá descargar os bonos a través da web oficial a partir das 08:00 horas do venres 13 de febreiro. O prazo para facelos efectivos estenderase ata o 13 de marzo, ou ben ata que se esgoten as existencias, o que adoita suceder de forma rápida dada a gran acollida destas medidas.

Sigue estes pasos para aforrar nas túas compras:

  1. ENTRA NA WEB: Accede dende o teu móbil ou ordenador a www.estrelademarin.gal.
  2. DESCARGA O TEU BONO: Busca a sección da campaña «Bonos 20/30» e solicita o teu cupón de 10€ de desconto.
  3. GÀRDAO NO MÓBIL: Recibirás un código (QR ou alfanumérico). Podes levalo gardado no teu teléfono ou imprimilo.
  4. BUSCA O TEU COMERCIO: Consulta a listaxe de tendas adheridas en www.comerciodemarin.com/establecementos.
  5. CANXEA E AFORRA: Presenta o bono no momento de pagar no comercio elixido. ¡Así de fácil!

Lembra: Só hai 600 bonos dispoñibles e adoitan esgotarse moi rápido. ¡Pon a alarma para as 08:00 da mañá!

Co lanzamento dos «Bonos 20/30», Marín busca reforzar a competitividade do seu comercio fronte ás grandes superficies, atraer nova clientela e visibilizar a variada oferta de calidade que ofrecen os pequenos produtores e comerciantes locais baixo unha marca común e de confianza.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios