O taekwondo galego volveu demostrar o seu excelente estado de forma ao acadar a segunda posición na clasificación xeral por equipos do Campionato de España Absoluto de Combate, celebrado esta fin de semana en Torrevieja. Galicia asinou unha actuación brillante, proclamándose campioa na categoría feminina e segunda na masculina, o que lle valeu a medalla de prata no cómputo global.
Sergio Troitiño
O equipo galego sumou un total de 16 medallas, destacando o papel dos seus catro campións de España que subiron ao máis alto do podio.
Tania y Desi
O botín de metais repártense do seguinte xeito:
Iván García
Carla Sesar, con la bandera de Galicia
- 🥇 OUROS: Iván García, Sergio Troitiño, Tania Castiñeira e Carla Sesar.
- 🥈 PRATAS: Javier Otero e Helena García.
- 🥉 BRONCES: Sara Cortegoso, Ekaterina Rebón, Noa Romero, Arlet Ortiz, Alma Pérez, Alba Rey, Desiree Rivadulla, Adrián Davila, Iago Mallo e David Robleto.
Representación arbitral
A presenza galega en Torrevieja non se limitou ao tatami de combate. O prestixio do noso taekwondo tamén se viu reflectido no corpo arbitral, coa participación dos xuíces galegos Adrián Maceiras, Conchy Martínez e María Bautista, quen formaron parte do equipo técnico do campionato nacional.
Cunha delegación que mestura veteranía e novos talentos, Galicia consolídase como unha das comunidades referentes do taekwondo español, destacando especialmente o dominio das súas deportistas na categoría feminina, onde ninguén puido superar o nivel do equipo galego.