Son de Corda leva este sábado á Casa-Museo Manuel María o seu proxecto Na casa delas

Poemas de Olga Novo, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Xela Arias, María Mariño e Olalla Cociña protagonizan este novo traballo.

Este sábado, día 14 de febreiro, ás 19.30 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o espectáculo Na casa delas, unha homenaxe que o cuarteto vocal Son de Corda fai a distintas poetas lucenses ou que residiron en Lugo como Luz Pozo Garza, Olga Novo, Marica Campo, Xela Arias, María Mariño ou Olalla Cociña.

Esperanza Iglesias, soprano, Carmen Prendes, contralto, Fernando G. Jácome, tenor, e Antón Castro, baixo, son as voces de Son de Corda, que co acompañamento do pianista Raúl Rodríguez, interpretarán un repertorio de composicións baseadas en poemas das escritoras homenaxeadas, alén doutras pezas musicais.

Durante o decorrer do concerto, proxectaranse sete pezas audiovisuais feitas por Manuel Lucas e Alejandro Gándara en distintos lugares vinculados á biografía e á escrita destas poetas.



Comparte éste artículo
No hay comentarios