A única parada en sala do novo Tour ‘Orgulho 2026’ de Rebeliom do Inframundo en Galicia terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o venres 8 de maio, tralo seu paso por cidades como Barcelona, Bilbao e Madrid (entradas aquí), con máis do 50% do aforo xa esgotado a tres meses da celebración do directo.
Rebeliom do Inframundo presenta o seu novo sinxelo Nada (Galunk Producións, 2026), que pode escoitarse xa nas plataformas dixitais: https://orcd.co/nadarebeliom. Nada é un tema cru e directo que funciona como declaración de intencións e derradeiro adianto do agardado novo álbum dos galegos, Orgulho, cuxa publicación está prevista para o vindeiro 26 de febreiro.
NADA: SENTIR FRONTE AO BANAL
Nada (Galunk Producións, 2026), de Rebeliom do Inframundo, é un espello da sociedade estraña que habitamos. Un berro contra a superficialidade, contra o baleiro disfrazado de éxito e contra un sistema caduco que pretende normalizar a escravitude emocional e vital.
Neste novo sinxelo, a banda galega reafirma –en palabras do propio Nervo, líder de Rebeliom– “o noso compromiso cos principios, co corazón e cos sentimentos. Porque o banal non enche. O que enche é sentir, é amar, é respirar e vivir”.
E engade: “Estamos nun momento complicado, pero xamais poderá con nós. Xa non nos importa NADA”. Máis ca unha canción, Nada é un posicionamento vital: “non vivir escravizados nin escravizadas nunha sociedade cun sistema caduco, non renderse ante o imposto, manterse firmes no medio do ruído”.
Este novo single vén acompañado dun videoclip que foi estreado onte na canle de YouTube de Rebeliom do Inframundo, con dirección, fotografía e posprodución de Xaime Miranda; vestiario de Sofía Seijas e efectos prácticos e miniatura de Manuel Miranda:
O single Nada (Galunk Producións, 2026) está xa dispoñible para a súa escoita nas plataformas dixitais: https://orcd.co/nadarebeliom
MÁIS DA METADE DO AFORO DA SALA CAPITOL ESGOTADO PARA O TOUR ‘ORGULHO’
A única parada en sala do novo Tour ‘Orgulho 2026’ de Rebeliom do Inframundoen Galicia terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o venres 8 de maio, tralo seu paso por cidades como Barcelona, Bilbao e Madrid, con máis do 50% do aforo xa esgotado a tres meses da celebración do directo.
Tour ‘Orgulho’ 2026
Primeiras datas en salas:
V. 06 marzo ~ BARCELONA ~ @lautconcert
S. 28 marzo ~ BILBAO ~ @d8_sorkuntza_faktoria
S. 18 abril ~ VALLEKAS, MADRID ~ @salalatrinchera
V. 08 maio ~ SANTIAGO DE COMPOSTELA ~ @salacapitol
️ ENTRADAS XA DISPONIBLES AQUÍ EN WOUTICK
️
REBELIOM DO INFRAMUNDO, MÁIS DUNHA DÉCADA DE MÚSICA DESDE A TRINCHEIRA
Nacidos nas rúas e nos locais de ensaio de Galiza, Rebeliom do Inframundo leva máis dunha década facendo da música unha trincheira e unha celebración. Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol forman unha alianza que vai máis alá do rap: é unha actitude, unha maneira de entender o mundo.
O seu son bebe do rap hardcore e da electrónica, pero tamén das raíces galegas e da forza dun pobo que nunca baixa a cabeza. Cada tema é un retrato entre o amor e a rabia, entre o orgullo e a ferida.
Dende Caladas Reflexivas ata Amor ou Barbárie, pasando por Lume e Rebeliom e Ilegal, a banda medrou sen traizoar o seu camiño. Hoxe, Rebeliom do Inframundo non é só unha referencia musical: é un símbolo dunha xeración que loita, crea e berra sen pedir permiso.
A banda afronta 2026 cunha forza incontestable… cara a publicación do seu novo álbum, Orgulho, que verá a luz a finais de febreiro deste ano, e do que xa se coñecen adiantos como Sube, Bate Fado e Nada.
Rebeliom vive o seu mellor momento, co respaldo dun público que enche salas e corea cada verso coma se formase parte da banda. Non precisan grandes campañas nin filtros; a súa verdade corre de boca en boca, como corren as boas cousas cando son reais.
No último ano esgotaron entradas en espazos emblemáticos como a Sala Capitol de Compostela —800 persoas entregadas— e confirmaron o que xa se intuía: Rebeliom é unha das bandas máis sólidas e respectadas da escena galega actual.
O seu directo é un estoupido de enerxía, mestura de rap, electrónica e tradición galega, que converte cada concerto nunha experiencia colectiva. É un grupo de xente para a xente, cun discurso propio e unha ética de traballo que fala de verdade, comunidade e resistencia. Eles non seguen a moda, créana.