Hoxe, mécores 18, as celadoras e celadores do Servizo de Urxencias do HULA concentrámonos para reclamar os medios humanos e materiais necesarios para unha asistencia sanitaria digna.
Somos poucos, faltan mans, e faltan padiolas, cadeiras de rodas ben equipadas e unha unidade de intermedios para evitar as esperas prolongadas nos corredores de Urxencias, cando se demoran en exceso os ingresos ou non hai cama dispoñible en Observación