A actuación dará continuidade ao itinerario peonil na DP-5401, que conecta o núcleo urbano co Polígono de Río do Pozo.
A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras para construír un novo tramo de senda peonilna estrada provincial DP-5401 (estrada de San Xiao), no concello de Narón.
A intervención, cun orzamento de 245.338,91 euros, permitirá completar o itinerario peonilentre os puntos quilométricos 2+700 e 3+500, dando continuidade á senda xa executadaentre os puntos 1+920 e 2+600. O proxecto contempla a execución dun camiño para peónsde dous metros de ancho na marxe dereita da vía, así como a instalación dun colector para a correcta drenaxe das augas pluviais.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta actuación responde ao compromiso do Goberno provincial de avanzar na mellora da seguridade viariadesta estrada, así como na humanización das estradas provinciais, especialmente naquelascontornas con presenza de vivendas.
A DP-5401 rexistra un elevado volume de tráfico debido á actividade empresarial do Polígono de Río do Pozo e ás vivendas situadas nas súas marxes. A nova senda permitirá crear un itinerario seguro e accesible para as veciñas e veciños da zona, así como para as persoas traballadoras que se desprazan diariamente ao polígono industrial, reducindo os riscos derivados da convivencia entre vehículos e peóns.
O prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de marzo de 2026.