Na cuarta participación das Seleccións Galegas no Gaelic FootballInvitational Tournament o combinado masculino foi semifinalista, repetindo o resultado do ano pasado.
As Seleccións Galegas feminina e masculina regresan do 18.º Gaelic FootballInvitational Tournament con notables resultados. O combinado feminino, que defendía título, foi subcampioa ante Felim Raparees e o equipo masculino caeu en semifinais ante Clontarf Borus. O cansazo acumulado ao longo de todo o torneo fixo que nos partidos definitivos Galicia caera derrotada, aínda que deu a cara aos seus rivais.
Esta foi a cuarta edición na que as Seleccións Galegas masculina e a feminina de fútbol gaélico eran convidadas a participar neste torneo internacional da Haia no que o Den Haag de Países Baixos foi o equipo anfitrión.
O combinado feminino foi finalista con estes resultados:
• Fase de grupos: Galicia 4-04 (16) VS Wanderes 3-01 (10)
• Fase de grupos: Galicia 3-02 (11) VS Clontarf 1-04 (7)
• Fase de grupos: Galicia 5-03 (18) VS Stars of Erin 0-01 (1)
• Semifináis: Galicia (19) VS Dulwich Harps (8)
• Final: Galicia (8) VS Slieve Felim Raparees (10)
Namentres, o equipo masculino caeu en semifinais acadando estes resultados:
• Fase de grupos: Galicia 2-06 (12) VS Glasgow 2-02 (8)
• Fase de grupos: Galicia 0-01 (1) VS Robert Emmets 0-03 (3)
• Fase de grupos: Galicia 2-08 (14) VS Clontarf Bulls 2-00 (6)
• Fase de grupos: Galicia 1-05 (8) VS Den Haag 0-02 (2)
• Semifináis: Galicia 0-05 (5) VS Clontarf Borus 1-04 (7)
Ademais, este torneo serviu como preparación para a Celtic Cup do 14 de marzo en Compostela e para os World Games do vindeiro mes de xullo en Waterford(Irlanda).
Convocatoria da Selección Galega feminina
Silvia Álvarez (Turonia), Antonella Larrascq (Turonia), Alexandra Fugieroa(Turonia), María Arias (Auriense), Victoria Estévez (Auriense), Antía Botana (Auriense), Noelia Rodríguez (Auriense), Uxía Otero (Estrela Vermelha), ÁnxelaEstévez (Estrela Vermelha), Emma Rojas (Estrela Vermelha), Aldara Montero (Fillasde Breogán), Leticia Zapata (Fillas de Breogán), Sara López (Fillas de Breogán).
Adestradores: Pablo Da Silva (Estrela Vermelha), Juan Fernández (Turonia)
Convocatoria da Selección Galega masculina
Convocatoria: Mateo Fernández (Estrela Vermleha), Pablo Bermejo (Keltoi), GáborPazos (Estrela Vermelha), Iago Couso (Estrela Vermelha), Adriano Quiroga (EstrelaVermelha), Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha), Adrián Rey (Estrela Vermelha), Diego Rama (Estrela Vermelha), Samuel Lagoa (Estrela Vermelha), Pablo Bermejo (Keltoi), Raúl Barreiro (Keltoi), Noé Asensio (Turonia), Cristian Costas (Turonia), Ismael Méndez (Turonia), David Chaves (Lorchos), Bruno López (Fillos de Breogán)
Adestrador: Alexandre Sanmartín (Lugh)
Quen somos?
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).
Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).
PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.