V Xornadas Violeta no CEIP María Pita da Coruña

A deputada provincial Avia Veira participou este martes nas V Xornadas Violeta organizadas polo CEIP María Pita da Coruña. A actividade deu comezo ás 16:30 horas nas instalacións do centro e contou coa intervención de Noa Tilve Cabada, que abordou a temática ‘A educación sexual integral na familia e na escola. Prevención do abuso sexual na infancia e na adolescencia’.

Recentemente, a Deputación da Coruña outorgoulle ao CEIP María Pita o Premio Concepción Arenal 2025 polo proxecto coeducativo Un Mar de Arco Iris.

As Xornadas Violeta constitúen unha iniciativa do centro educativo dirixida á comunidade escolar e centrada na reflexión e na formación arredor da educación afectivo-sexual e da prevención das violencias na infancia e na adolescencia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios