In The Corner 20 de marzo de 2026

Semana tranquila no Deportivo logo da boa imaxe dada ante o Barcelona. O conxunto de Fran Alonso xogará o luns contra o Granada da ex deportivista Irene Ferreras. Marisa falou do partido na comparecencia semanal dunha xogadora herculina.

O epicentro do programa foi o derbi entre Deportivo B e Celta de Segunda Federación. Vicky Vázquez falou do encontro, das dinámicas e do que resta cara á conclusión do campionato para loitar polo ascenso.
Por parte deportivista tivemos á central Paula Novo. A barbanzá, toda unha xogadora de Primeira, é un dos grandes aportes para que o B manteña a categoría. Con ela debullamos cousas do vestiario, tamén da súa participación co equipo de máxima categoría e da evolución positiva do B neste treito de torneo.
Fechamos o programa con Bárbara Grandal. A dirixente do Val é unha das persoas mellor preparadas no mundo administrativo do fútbol feminino e nos anticipou o futuro das competicións logo do Congreso de Zaragoza. Ademais, tamén das opcións de salvación das de Sinde, que pasan polos éxitos de terceiros para non seren arrastradas ao descenso polo At. Villalonga.

Foto: Paula Novo. © R.C. Deportivo

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios