Formoso destaca en Mugardos que o Plan Único investiu máis de 161 millóns de euros e financiou 887 obras nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O presidente da Deputación subliña que o POS+2026 inviste máis de 16,1 millóns de euros na comarca e reclama á Xunta que incremente o Fondo de Cooperación Local ata os 200 millóns.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, visitaron hoxe o Concello de Mugardos, onde foron recibidos polo alcalde, Juan Domingo de Deus, e polos membros da corporación municipal. Durante a visita mantiveron un encontro institucional no que analizaron o impacto do Plan Único (POS+) no municipio e no conxunto da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Formoso destacou que o Plan Único se consolidou como “a principal ferramenta de apoio económico da Deputación aos concellos” e subliñou que o modelo permite que cada municipio decida con plena autonomía o destino dos fondos, tanto para obras como para servizos municipais, financiando gasto corrente ou programas sociais.

O presidente provincial sinalou que a primeira achega do POS+2026 supón unha inxección de 16.175.520,48 euros para os concellos da comarca, “uns fondos que permiten mellorar infraestruturas, reforzar servizos básicos e atender necesidades sociais, pero tamén garantir o funcionamento diario dos concellos e a calidade de vida da veciñanza”.

Formoso puxo en valor o impacto acumulado do plan, que desde a súa creación mobilizou xa 161.065.151,79 euros na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal e permitiu financiar 887 obras nos distintos municipios. “Estamos a falar de investimentos que chegan a todos os concellos e que permiten facer desde grandes obras ata actuacións pequenas pero moi necesarias no día a día”, afirmou.

O presidente lembrou tamén a necesidade de mellorar o financiamento municipal en Galicia e destacou que o Plan Único investiu o pasado ano 138 millóns nos 93 concellos da provincia, 20 millóns máis dos que investiu a Xunta nos 313 municipios galegos a través do Fondo de Cooperación Local. Por iso, reclamou á administración autonómica que incremente este fondo ata un mínimo de 200 millóns de euros “para aliviar a presión económica que están a sufrir os concellos”.

No caso concreto de Mugardos, o municipio recibirá 366.934,69 euros no POS+2026. Desde a posta en marcha do plan en 2017, o investimento acumulado da Deputación neste concello ascende a 4.100.174,45 euros, que permitiron financiar 36 obras no municipio.

Pola súa banda, a deputada de Plans, Cristina García, destacou que o Plan Únicosupuxo “un cambio de paradigma na colaboración cos concellos”, ao permitir adaptar os fondos ás necesidades reais de cada municipio. “É un plan que dá autonomía, quedeixa a decisión de elixir en qué se inviste a quen realmente coñece as necesidades da veciñanza, que son os concellos”.

A deputada destacou tamén “a flexibilidade do plan”, que permite destinar fondos a obras, gasto social ou gasto corrente, “adaptándose ás necesidades de cada concello”. “Nunha provincia como a nosa é o único modelo que ten sentido”, afirmou Cristina García, que remarcou o “impacto positivo” que teñen as obras na economía local.

Pola súa banda, o alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, agradeceu a visita institucional para presentar o Plan Único “que axuda moito aos concellos, sobre todo aos pequenos e medianos municipios que temos moitos problemas no día a día”. “Os concellos necesitamos a colaboración doutras administracións porque temos demasiados servizos que prestar, moitas veces impropios, pero que temos que seguir sostendo”. 

Visita á Casa da Cultura

Durante a visita, o presidente e a deputada de Plans, acompañados polo alcalde,visitaron a Casa da Cultura de Mugardos, onde a Deputación financiou con 143.593 euros as obras de mellora da envolvente térmica do edificio.

A intervención centrouse na renovación da envolvente térmica do inmoble, incluíndo a substitución de carpinterías e acristalamentos por outros de maiores prestacións, a instalación dun sistema de illamento térmico exterior nas fachadas e a mellora da cuberta, incorporando novos materiais illantes e reforzando a súa impermeabilidade.

Estas actuacións permitiron mellorar o confort térmico do edificio e reducir o consumo enerxético, ao tempo que contribuíron á conservación e posta en valor dun espazo de uso sociocultural moi importante para a veciñanza de Mugardos, que alberga entre outros servizos unha aulas de música, pintura e informática. 

Investimentos do Plan Único nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal

ConcelloPOS+ 2026 (€)Total 2017-2026 (€)Nº obras
Ares528.868,435.404.934,8830
Cabanas515.601,415.001.402,6844
A Capela457.625,894.052.278,1926
Cedeira853.967,528.513.735,4835
Cerdido417.188,594.034.491,1837
Fene896.188,489.367.905,1848
Ferrol713.656,248.273.288,6860
Mañón589.932,296.144.867,9558
Moeche444.763,794.206.823,0039
Monfero983.059,749.948.929,9137
Mugardos366.934,694.100.174,4536
Narón2.184.536,7720.453.805,4367
Neda488.582,314.937.578,9741
Ortigueira1.502.653,6015.069.258,6770
Pontedeume697.733,526.843.825,1431
As Pontes1.790.718,7718.533.578,8287
San Sadurniño736.130,697.026.463,2850
As Somozas585.227,655.516.813,0339
Valdoviño881.627,148.457.989,2927
Cariño540.522,965.177.007,5825 
TOTAL16.175.520,48161.065.151,79887
Comparte éste artículo
No hay comentarios