Dous galegos aumentan internacionalidades con Suíza e Serbia

A xornada de amigables aumentou outra “”cap” para un galego de Serbia e un suízo de pai galego. Poderían ser tres, pero Luis de la Fuente non deu opción a que Borja Iglesias sumara tamén a súa con España, malia que poderá facelo o próximo martes, contra Exipto, en Cornellá, se o seleccionador o decide.

O primeiro, Ricardo Rodríguez

Ricardo Rodríguez foi o primeiro da noite en sumar un novo partido. O lateral esquerdo, segundo con máis internacionalidades helvéticas, a oito partidos de Xhaka, sumou o partido 136 como internacional absoluto. Foi a cuarta vez que se enfrontou a Alemaña, con quen empatara nas tres ocasións anteriores.
Na táboa de internacionais galegos, ou fillos de galegos, reforza a súa posición como número un. O de Zúric, cuxa última presenza coa encarnada fora no empate de novembro contra Cosovo, saca máis distancia ao segundo na lista galega, o defensa Rey, quen xogara unha campaña en Pontevedra e alcanzou as 112 “caps” con Venezuela. Eles dous e Fernando Torres (110), tamén fillo de galegos, son os únicos con máis de cen partidos.
No descanso, co partido igualado a dous, Murat Yakin decidiu substituílo por Miro Muheim. Ao final, Alemaña gañou 3-4 e, malia que el xa non tiña responsabilidade, sumou a trixésimo segunda derrota coa absoluta.

Milinković-Savić, volver máis de ano e medio despois

A Vanja Milinković-Savić veulle ben mudar do Torino ao Napoli, A súa boa campaña cos do sur da Península Itálica e a mudanza no banco da selección serbia, con Veljko Paunović no comando, abríronlle ás portas á vixésima internacionalidade.
O cancerbero debeu esperar por ela desde aquel amigable contra Austria do 04/06/2024. Apañara os dous goles centroeuropeos que causaran a derrota balcánica (2-1).
O ourensán, que foi titular contra España xunto ao seu irmán Sergej, catalán, non o fixo mal mesmo a derrota por 3-0. Malia todo, iguala a súa marca de partidos con máis goles apañados (3), engadíndoo ao 3-3 no Camaróns-Serbia, da fase final da pasada Copa do Mundo (28/11/2024), e na mesma competición, ao Serbia-Suíza (2-3), no que curiosamente tivo como rival a Ricardo Rodríguez catro días despois.
Milinković-Savić deixa atrás ao compostelán Tomás Reñones e iguala os vinte partidos de Severino Reija e Iago Aspas na lista de galegos internacionais.

Foto: Milinković-Savić camiño de La Cerámica. © Fudbalski Savez Srbije

Comparte éste artículo
No hay comentarios