Alfredo Cañizo denuncia un «atropelo democrático» no Pleno de Malpica e anuncia medidas legais

O concelleiro independente de Malpica, Alfredo Cañizo, fixo pública a través do seu perfil de Facebook unha durísima denuncia sobre o acontecido no último Pleno municipal. Cañizo cualifica de «intolerable» o comportamento da Secretaria do Concello, á que acusa de exceder as súas funcións para frear o debate sobre o pago a autónomos, e porveedores que levan longo tempo sin cobrar, e sinala directamente ao BNG por «aliñarse coas teses do PP» á hora da verdade, deixando de lado os problemas reais dos veciños por cuestións ideolóxicas baleiras, como é o debate da OTAN.

Resumo de Alfredo Cañizo en Facebook

Hoxe escríboos con tristura, pero coa firmeza de quen sabe que fai o correcto. Tras anos representando con orgullo a Malpica, onte vinme obrigado a tomar unha decisión inédita na miña traxectoria: abandonar o Pleno Municipal. Non foi un acto impulsivo, foi un exercicio de dignidade e respecto cara á institución e cara a todos vós.

O acontecido o xoves foi un espectáculo bochornoso que ningún veciño debería tolerar:

  • A rotonda do malgasto (330.000€): Presentei unha moción para paralizar esa obra innecesaria na rúa Ventorrillo. O obxectivo era claro: destinar eses cartos a pagar aos nosos autónomos e provedores, que levan meses —algúns case un ano— sen cobrar. O PP salvou o proxecto grazas ao apoio do BNG, que en público critica pero na hora da verdade vota co Goberno. Ambos son responsables da parálise financeira do Concello.
  • Un ataque sen precedentes desde a Secretaría: Nun feito insólito, a Secretaría Municipal —que debe ser neutral— dedicouse a increparme e berrarme, alegando que o Pleno «non era competente» para defender os intereses de Malpica. É intolerable que unha traballadora pública intente calar a un representante lexítimo dos veciños mentres actúa en total complicidade co Alcalde.
  • A desconexión da realidade: Mentres o BNG e o PP me impedían falar de problemas reais (auga, luz, falta de internet), dedicaron o Pleno a debater sobre a OTAN. ¿En que axuda a OTAN ao veciño que non ten presión na billa? Para esa moción non houbo pegas nin berros.

Xulguen vostedes mesmos: O Pleno está gravado. Convido a todos os veciños a ver o vídeo no perfil do PSOE. Vexan o trato que recibín e como este Goberno prefire enterrar cartos en cemento antes que pagar as súas débedas.

O luns presentarei unha denuncia formal ante a Administración Local por este atropelo democrático. Se pensan que berrando me van calar, é que non me coñecen. Seguirei loitando por Malpica, doa a quen lle doa. Grazas polo voso apoio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios