Nova cita cos 30 anos de Cuac FM: segunda presentación do seu libro na Libraría Lume

librería Lume da Coruña convértese o martes 31 de marzo, ás 18.30 horas, nun novo escenario para celebrar os 30 anos de CUAC FM. A radio comunitaria da cidade presenta alí o seu libro Que bonitas son as ondas radiofónicas. 30 anos de CUAC FM”, unha obra coral que percorre tres décadas de historia, voces e frecuencias desde a Zapateira.

O volume, editado grazas ao convenio “Ondas Comunitarias” entre a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e CUAC FM, reúne textos de moitas das persoas que pasaron polo micrófono ou que deixaron a súa pegada na emisora ao longo destes anos. Pero hai unha colaboración que sorprendeu a todo o mundo: a do xornalista Iñaki Gabilondo, que asina un dos capítulos do libro nun xesto que, segundo a propia emisora, vai facer historia na travesía de CUAC FM.

Iñaki Gabilondo (San Sebastián, 1942) é un dos xornalistas máis recoñecidos da historia da radio e a televisión en España. Comezou a súa carreira con 21 anos en Radio Popular de San Sebastián e ao longo de máis de cinco décadas converteu Hoy por hoy da Cadena SER nunha referencia absoluta do xornalismo radiofónico. En setembro de 2021 rematou a súa relación coa Cadena SER tras case 52 anos, poñendo o peche a unha das carreiras máis longas e respectadas do xornalismo español. A súa participación no libro de CUAC FM non é, polo tanto, un xesto menor: é o recoñecemento dun mestre da radio á labor dunha emisora comunitaria que leva tres décadas mantendo viva a frecuencia desde a Coruña.

O libro xa foi presentado o pasado 30 de decembro no Circo de Artesáns nun acto que congregou socias e socios, fundadores, autoridades e persoas vinculadas á emisora durante décadas. Agora, a librería Lume, na rúa Fernando Macías, ofrece a oportunidade de achegarse á obra nun espazo íntimo e pensado para os amantes da cultura e da palabra. Será o martes 31 de marzo ás 18:30 horas, pensando nos fans do Dépor que están a 5 minutos do estadio.

Entre as e os autores desta obra colectiva podemos destacar tamén a Nacho Carretero, autor da novela Fariña, a Xurxo Souto, a escritora, divulgadora e cantante Estíbaliz Espinosa, a actriz Lucía Veiga, ao humorista Víctor Grande, aos locutores Teba Chacón e Fernando Molezún… En total participaron na otra setenta e sete persoas. Todo un luxo para un proxecto humilde que se inaugurou un 27 de marzo de 1996.

Comparte éste artículo
No hay comentarios