A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a apertura da exposición «A Vacina das Vexigas»

por Redacción A Coruña

A súa difusión en España, Galicia e América’, unha mostra da Real Academia de Medicina de Galicia e a Real Academia Nacional de Medicina de España na que colabora o Concello da Coruña. Estará dispoñible, con entrada de balde, na sala de exposicións Salvador de Madariaga ata o 12 de novembro.

A mostra afonda na pandemia da vexiga, que provocou millóns de mortes no mundo, e o descubrimento da vacina en 1796, que permitiu a súa erradicación total. Inés Rey destacou a importancia da expedición Balmis, que partiu do porto coruñés o 30 de novembro de 1803, e constituíu o primeiro programa oficial de vacinación en masa. «Nesta mostra rememoramos aquela viaxe tan importante para a medicina e que tivo como parte fundamental á cidade da Coruña e o seu porto», apuntou a rexedora.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario