O obxectivo é profesionalizar a atención ao visitante e garantir a apertura de puntos de información durante o 2026.
A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con financiamento para sufragar os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio.
O investimento total mobilizado pola institución provincial ascende a 795 217,43 euros. Estas axudas están destinadas especificamente a municipios de menos de 50 000 habitantes, asegurando que as localidades con menores recursos poidan ofrecer un servizo de atención ao visitante de calidade e profesional.
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destaca que este investimento «é clave para consolidar a provincia como un destino turístico sustentábel e ben xestionado». Segundo Regueira, «o persoal técnico das oficinas é o primeiro contacto que o viaxeiro ten co noso territorio; o seu traballo é fundamental para poñer en valor o patrimonio, a gastronomía e a paisaxe dos nosos concellos».
«O programa de subvencións responde a un compromiso coa equidade territorial, explica o vicepresidente. Isto é «especialmente importante nos concellos máis pequenos», que poderán «manter equipos cualificados sen comprometer os seus orzamentos», abunda.
As subvencións cobren desde a contratación directa de técnicos ata a externalización de servizos de información, garantindo que os puntos de atención —moitos deles situados en enclaves estratéxicos como o Camiño de Santiago, as Fragas do Eume ou a Costa da Morte— permanezan operativos e atendidos por profesionais.
Listado de entidades beneficiarias e contías (DP0029/2026)
| Concello / Beneficiario | Importe concedido |
| Concello da Capela | 10 021,86 € |
| Concello da Laracha | 16 887,25 € |
| Concello da Pobra do Caramiñal | 18 387,75 € |
| Concello das Pontes de García Rodríguez | 13 309,12 € |
| Concello de Ames | 14 232,51 € |
| Concello de Ares | 10 308,11 € |
| Concello de Arteixo | 15 005,05 € |
| Concello de Arzúa | 15 733,01 € |
| Concello de Betanzos | 17 695,21 € |
| Concello de Boimorto | 10 087,61 € |
| Concello de Boiro | 19 195,72 € |
| Concello de Boqueixón | 12 385,73 € |
| Concello de Cabanas | 11 808,62 € |
| Concello de Camariñas | 19 888,26 € |
| Concello de Carballo | 19 311,14 € |
| Concello de Cariño | 12 039,46 € |
| Concello de Carnota | 17 348,94 € |
| Concello de Cedeira | 16 079,28 € |
| Concello de Cee | 15 848,44 € |
| Concello de Corcubión | 14 117,09 € |
| Concello de Culleredo | 17 233,52 € |
| Concello de Dumbría | 12 847,43 € |
| Concello de Fene | 10 017,88 € |
| Concello de Fisterra | 17 233,52 € |
| Concello de Laxe | 18 849,45 € |
| Concello de Malpica de Bergantiños | 13 995,72 € |
| Concello de Melide | 15 235,90 € |
| Concello de Miño | 17 544,37 € |
| Concello de Moeche | 10 388,11 € |
| Concello de Monfero | 10 272,69 € |
| Concello de Mugardos | 10 423,54 € |
| Concello de Muros | 17 695,21 € |
| Concello de Muxía | 15 813,01 € |
| Concello de Narón | 14 800,00 € |
| Concello de Neda | 11 000,65 € |
| Concello de Negreira | 12 039,46 € |
| Concello de Noia | 15 963,86 € |
| Concello de Oleiros | 18 503,18 € |
| Concello de Oroso | 11 542,35 € |
| Concello de Ortigueira | 16 540,98 € |
| Concello de Outes | 12 705,00 € |
| Concello de Padrón | 18 089,50 € |
| Concello de Pontedeume | 16 887,25 € |
| Concello de Porto do Son | 15 386,74 € |
| Concello de Rianxo | 15 848,44 € |
| Concello de Ribeira | 20 000,00 € |
| Concello de Santiso | 10 071,61 € |
| Concello de Sobrado | 11 693,19 € |
| Concello de Teo | 18 272,33 € |
| Concello de Touro | 11 231,50 € |
| Concello de Valdoviño | 13 770,82 € |
| Concello de Vedra | 11 773,19 € |
| Concello de Vimianzo | 17 082,67 € |
| Concello do Pino | 14 774,20 € |
| TOTAL CONCEDIDO | 795 217,43 € |