CNT: “O Concello de Muros condenado por non respectar a saúde laboral do persoal de servizos sociais”

O TSXG ven de dar á razón á sección sindical da CNT no Concello na súa denuncia polos iuncumprimentos en materia de seguridade e saúde do Concello respecto ao persoal de Servizos Sociais. A CNT demandaba que o concelleiro de servizos sociais ordeaba ás traballadoras de Servizos sociais realizar tarefas impropias que as expoñían a graves riscos, que ademais estaban sen avaliar, posto que o Concello nunca realizou a avaliación de riscos psicosociais, aínda que é a súa obriga.

É de salientar que o Concello era coñecedor destes incumprimentos en materia de PRL desde antes do feito que desatou o conflito, xa que a propia sección sindical da CNT o tiña reclamado pero nunca se lle deu resposta a estas peticións.

Agora, o TSXG obriga ao Concello a indemnizar a unha traballadora por expoñela a estes riscos sen ferramentas para poder actuar nesas situacións, e ademais realizando tarefas impropias para o seu posto de traballo. Isto é xustamente o contido dunha avaliación psicosocial, que o Concello aínda non levou a cabo (e fai ano e medio que a Inspección de traballo requiriu a súa elaboración)

A sentenza sinala que a gravidade non reside unicamente na falta de avaliacións e planificacións en materia de PRL, senón que o detonante da vulneración de dereitos fundamentais é a actuación do concelleiro. Textualmente di a sentenza: «A la Sala no le cabe ninguna duda de que el hecho acreditado de que el concelleiro de servicios sociales del concello de Muros enviase a la trabajadora demandante a (a actuación obxecto do conflito), supone para la trabajadora un riesgo grave, debido a la concurrencia de múltiples factores de riesgo, que trascienden los derechos laborales, afectando a su seguridad, salud física y mental» e continúa sinalando que “Por tanto y acreditada la existencia de un riesgo grave, cierto y determinado, se hace preciso examinar si el concello cumplió con sus obligaciones en materia de prevención de riesgos para paliar o prevenir posibles riesgos psicosiales, y lo cierto es que tal y como consta en el informe de la inspección de trabajo, que se recoge en el relato factico de la sentencia de instancia, el concello carecía de las medidas de prevención necesarias para ello, como sería la realización de un plan de prevención de riesgos psicosociales, que no existía”.

Finalmente condena ao Concello a pagar unha indemnización á traballadora xa que considera “acreditada la existencia de un riesgo grave, el Concello de Muros carecía de las medidas de prevención necesarias para ello, al no existir un plan de prevención de riesgos psicosociales. Ni tampoco hubo cumplimiento a posteriori, ya que fue la propia inspección de trabajo la que insta al Concello a realizar un plan de prevención de riesgos psicosociales en el plazo de tres meses.»

A día de hoxe o Concello segue sen cumprir, un ano e medio despois non existe o plan de prevención dos riscos psicosociais, e aínda así a alcaldesa anuncia na prensa que presentará recurso contra a sentenza, sabendo que non existe ningunha posibilidade de que este recurso sexa admitido no Tribunal Supremo, de xeito que semella que o único que busca é paralizar o cumprimento desta sentenza xudicial.

Desde a CNT enténdese que estes actos por parte do concelleiro (que no xuízo tratou ás empregadas públicas de “subordinadas” súas e esixiu indemnización por telo obrigado a comparecer en sede xudicial) como por parte da alcaldía que o excusa e protexe, de xeito que “o único decente que lle queda facer ao BNG en Muros é dimitir ou polo menos destituir inmediatamente ao concelleiro implicado, pero despois de tres anos de política de dereitas e antiobreira e enfrontamento sindical continuo non esperamos que o faga”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios