O BNG celebra unha asemblea aberta con múltiples expresións contra a moción de censura perpetrada polo PP e a concelleira transfuga do PSOE

 O BNG celebrou na xornada de hoxe unha asemblea aberta na que a militancia e as e os simpatizantes que se achegaron puideron valorar a situación creada no Concello de Lugo tras a presentación dunha moción de censura por parte do Partido Popular co apoio dunha edil tránsfuga. O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, afirmou que «é indecente e inaceptable o golpe de estado que o PP está a levar», e criticou que «estanse aproveitando do falecemento de tres concelleiros, unha situación absolutamente tráxica».

Na Asemblea Aberta do BNG manifestouse que o Partido Popular non pode pasar por diante da decisión das e dos veciños nas eleccións municipais de maio de 2023 e diversas militantes e simpatizantes expresaron indignación por unha moción de censura na que o PP, que non obtivo representación suficiente para formar goberno, demostra o seu xeito de exercer a política: non aceptar a decisión da veciñanza.

O BNG apoiou a mobilización convocada mañá venres ás 19:00 na Praza Maior de Lugo pola plataforma cidadá Transfuguismo NON democracia SI, e reclamouse «respeto á decisión tomada pola veciñanza de xeito democrático hai 3 anos».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios