Novas actividades de xadrez na rúa en Lugo

por Redacción Lugo

Entre o 4 e o 29 de setembro, de 18 a 20 horas, poderá xogarse xogar ao xadrez na praza Maior de balde

O Goberno de Lugo xunto coa asociación cultural Xaquedrum organizan unha nova actividade de xadrez nas rúas para o mes de setembro. Felipe Rivas explicou que o Goberno de Lugo realiza estas actividades co obxectivo de «espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando á toda a veciñanza as vantaxes que a súa práctica representa».

Entre os días 4 e 29 de setembro, de 18 a 20 horas, habilitaranse na praza Maior acollerá taboleiros de xadrez para que todas as persoas que o desexen poidan xogar ao xadrez, xunto con monitores de Xaquedrum que axudarán a aprender o xogo ás persoas que non saiban xogar.

Felipe Rivas destacou «o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación», e engadiu «a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade».

O Goberno de Lugo realizou ao longo do ano distintas actividades de xadrez, con torneos, actividades de promoción na rúa e actividades nas aulas para as e os estudantes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario