Elena Candia: “Lugo precisa serenidade e responsabilidade: unha vez máis o PP levará ao pleno propostas para mellorar a vida da veciñanza»

Lugo precisa serenidade, responsabilidade e traballo útil. E iso é o que imos seguir facendo tamén no pleno ordinario deste xoves: nós falaremos dos problemas da cidadanía e proporemos solucións mentres outros se dedican a facer ruído
No Pleno ordinario do mes de Abril presentamos 4 PROPOSICIÓNS PARA:

Impulsar á Semana Santa de Lugo

Pediremos o apoio da corporación para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.

Solucionar o mal estado do “leiraparking” do HULA

Propoñemos asfaltar este espazo para rematar coas fochancas e mellorar as condicións de uso. Esta actuación xa se puido ter feito hai tres anos, xa que en canto se aprobou o 5% do PXOM se daba luz verde a intervir neste punto con materiais que non se permitían antes por considerarse solo rústico.

Poñer en valor o Parque Marcos Cela

Defendemos unha actuación urxente neste espazo con gran potencial, hoxe en estado de abandono que dá pena velo nalgúns puntos. Dende o PP consideramos que antes de anunciar novos parques, é necesario coidar e manter os que xa temos.

Mellorar a mobilidade e seguridade entre o barrio da Ponte e o cemiterio de San Froilán.

Propoñemos a construción dunha beirarrúa segura. Esta actuación melloraría esta entrada a Lugo pola coñecida como estrada vella de Santiago. Tamén reclamamos en que se leven a cabo actuacións urxentes na Ponte Romana, que levan tempo sen ningún tipo de mantemento nin iluminación.

Con respecto aos 4 ROGOS que presentamos está dar cumprimento ao acordo plenario de marzo de 2024 sobre a necesidade de estudar a aprobación dun convenio propio para o persoal de limpeza; dar participación ao pequeño comercio na toma de decisión reunindo a Mesa Local de Comercio; reparación pista da Agra da Granxa en Benade así como mellora da sinalización turística.

E xa por último 4 PREGUNTAS PARA SOBRE cuestións como, por exemplo, o estado da negociación polos terrenos necesarios para a construcción do centro de saúde do Sagrado Corazón, a situación do campo de fútbol da Cheda ou os motivos polos que non avanza o cumplimento de acordos plenarios de xaneiro do ano pasado, sobre o convenio co colexio de xestores administrativos, así como a cantidade de reclamacións de responsabilidade patrimonial que se presentaron  por caídas con motivo do mal estado do pavimento que se ven de colocar na peonalización do centro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios