O pasado domingo, 26 de abril, celebrouse con gran éxito a XXXI Carreira Alternativa 2026. A actividade deu comezo ás 11:00 horas na Praza de María Pita, cun percorrido de 7 quilómetros por diferentes puntos emblemáticos da cidade da Coruña. Unha vez rematada a carreira, as persoas participantes puideron gozar dunha variedade de actividades complementarias pensadas para todos os públicos, promovendo así a práctica de exercicio físico e a vida activa.
En paralelo á carreira, desenvolvéronse tamén as Xornadas de Actividade Física Saudable os días 18 e 25 de abril, nos parques bio-saudables da Praza Elíptica dos Rosales, Novo Mesoiro e no anfiteatro de Santa Margarida.![]()