“O Camiño de Santiago en Gran Canaria”, charla de José Manuel Espiño na Despensa do Saa

O xoves día 7 ás 20:00 horas hai unha charla na Despensa do Saa. José Manuel Espiño falará do Camiño de Santiago en Gran Canaria. Espiño preguntaranos se sabemos da existencia dun camiño xacobeo entre volcáns na illa de Gran Canaria.

A partir de aí reflexionará sobre a riqueza xeolóxica e a biodiversidade dunha illa que está nestes aspectos ao nivel de Galápagos, con moitas especies en situación vulnerable ou en perigo de extinción

Pequena biografía:

José Manuel Espiño Meilán naceu en Lugo e vive nas Palmas de Gran Canaria.

Estudou maxisterio en Lugo e especializouse en Educación Ambiental, feito que marcou a súa traxectoria como ensinante.

Fundou o «Colectivo Ecologísta Turcón», que defende os espazos naturais no arquipélago.

Publicou 9 novelas e presentará en breve o seu último libro, que é unha biografía e un ensaio arredor do teatro afeccionado en Canarias, titulado «Cuando la luz se apaga»

Fptografía Manuel Vázquez e Xosé Manuel Saa

Comparte éste artículo
No hay comentarios