O Concello presentou un primeiro adianto da programación da Feira do Libro de Noia 2026, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de maio.
O Concello de Noia presentou un primeiro avance da programación da Feira do Libro de Noia 2026, unha cita cultural que regresa á vila os días22, 23 e 24 de maio e que converterá o centro de Noia nun espazo de encontro arredor da lectura, a creatividade e a cultura.
A recuperación desta celebración responde á aposta do Concello por impulsar actividades culturais de referencia e por poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta fundamental de formación, convivencia e participación social.
Durante os tres días desenvolveranse actividades para todos os públicos, con propostas infantís, obradoiros, música, presentacións e sinaturas de libros, ademais da participación de centros educativos e persoas vinculadas ao ámbito cultural.
As actividades celebraranse diante do Concello, no claustro e no Campo da Feira, creando un ambiente cultural aberto e participativo no corazón da vila.
Este é só un primeiro adianto da programación, xa que nas próximas datas o Concello dará a coñecer novas actividades, participantes e máis novidades relacionadas coa edición deste ano. A concelleira de cultura e responsable da iniciativa, Chelo Martínez, asegurou que «estamos preparando unha edición especialmente emotiva para recuperar esta celebración tan importante para Noia «