O BNG insta a Xunta e Igrexa a poñerse de acordo para realizar as obras de reforma necesarias no templo de San Marcos de Corcubión

O Director Xeral de Patrimonio Cultural responsabiliza á Igrexa de non ter incluído o templo corcubionés entre os elementos patrimoniais relixiosos que necesitan actuacións prioritarias.

O deputado do BNG pola Costa da Morte e Bergantiños, Oscar Insua, instou á Xunta e á Igrexa a poñerse de acordo e desbloquear as xestións para acometer as obras de reforma necesarias no templo de San Marcos de Corcubión, que presenta problemas de filtracións nas cubertas e de humidades nos seus muros, que están afectando á maquinaria do reloxo da fachada e ao patrimonio escultórico.

Insua interpelou este venres 15 de maio no Parlamento galegosobre este asunto ao Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Ángel Miramontes Carballada, que responsabilizou á Diocese de Santiago de Compostela de non ter incluído o templo corcubionés entre os elementos patrimoniais relixiosos que necesitan actuacións prioritarias, no marco da comisión mixta Xunta-Igrexa. Neste senso, o parlamentario nacionalista avanzou que o BNG vai a solicitar á Diocese que inclúa na súa lista de prioridades á igrexa da parroquia de Corcubión.

Oscar Insua lembrou que presentou en xullo de 2024 diversas iniciativas no Parlamento galego para que o goberno galego actuase na igrexa de San Marcos, e en decembro dese anomantivo unha reunión coa daquela directora xeral, María del Carmen Martínez, para informarlle da situación, e na que aresponsable de Patrimonio sinalou que persoal técnicoacudiría a Corcubión en xaneiro de 2025 para estudar as deficiencias que presenta o templo. 

Ante o incumprimento desa data, o deputado do BNG levou o tema ao parlamento en marzo de 2025, e arrincou o compromiso de Martínez de enviar técnicos do seu departamento para que visitasen a igrexa corcubionesa. Estes desprazáronse en abril do mesmo ano, e quedaron en enviar un informe ao Concello de Corcubión. 

“A día de hoxe non temos coñecemento de dito informe, nin o recibiu o Concello nin os responsables da parroquia”, subliñou Oscar Insua, que insistiu en que “o BNG vai a pedir este informe á Xunta, porque urxe actuar e atopar unha solución para facer as obras de rehabilitación necesarias, antes de que teñamos que lamentar máis danos ou se deterioren os elementos arquitectónicos do templo, que conta cun  alto valorpatrimonial”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios