Partido Galego: «O Partido Popular pretende seguir extendendo o seu control absoluto, en ámbitos nos que ate agora por lei non pode»

O Partido Galego esíxelle ao conselleiro de Cultura que volva aos criterios de nomeamento do Centro Galego de Arte Contemporáneo anteriores. Tentar cubrir esa praza por persoal funcionario de libre designación, en lugar do procedemento por concurso público internacional, tal e como o propio Partido Popular no seu día aprobara, acarrea os seguintes problemas:

–          Redúcese a transparencia e a competencia para o cargo: O modelo de concurso internacional permitía atraer perfís con experiencia internacional en xestión de museos. Restrinxíndoo ao funcionariado con praza empobrécese e redúcese a capacidade do CGAC.

–          Ademáis, a elección por libre designación, sen xurado externo independente, abre a porta a politización, ao dirixismo piramidal dende a dirección neste caso do PP, de crear cargos para amigos e, ao mesmo tempo, limita a autonomía institucional, pois quen designa a dedo tamén cesa a dedo.

Todo isto vai en contra da programación e a reputación do CGAC. Ao respecto hai tal unanimidade entre os profesionais de todos os ámbitos do mundo da cultura. O Partido Popular debe rectificar inmediatamente.

Consideramos de xustiza a petición do “mundo da cultura galega” a través do manifestó SOS-CGAC da asociación Vegliota, encamiñada a paralizar a idea do cambio que ten previsto o PP. Animamos a seguir na loita as miles de persoas afectadas directamente por esta medida, pero tamén por extensión á toda a xente consciente do ataque que lle fan ao conxunto da cultura de Galicia, que non se merece un dirixismo do PP ao estilo dos partidos radicais, e debemos evitar que teñan oportunidade de formular propostas como os seus socios en toda España que son Vox, que seguindo o seu ideario de desmantelar todo o que teña algo que ver co ámbito da cultura entre outras áreas.

Por tanto, debemos tomar como un aviso a navegantes calquera proposta como esta do PP, que revela a súa folla de ruta oculta,  con medidas que no tempo poden dinamitar todo un sector, de chegar a estar baixo a súa influencia e máis se cae nas gadoupas de Vox.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios