As árbores prantadas no espazo recen rehabilitado non están recibindo a auga que precisan por parte do Concello
Veciños e veciñas achegaronse a rúa Pintor Corredoira para facer o traballo de subministro de auga tan necesario nestes días de calor
Lugo a 31 de maio de 2026. Nesta fin de semana a Asociación As Carballeiras realizou un «Regado popular de árbores» na rúa Pintor Corredoira. Fixose no espazo rehabilitado, frente ao colexo de A Nexa, polo departemento de infraestruturas do anterior goberno municipal. A Asociación As Carballeiras fixo este traballo de subministro de auga xa que o actual goberno municipal non o está a facer.
Foron integrantes da Asociación As Carballeiras os encargados de realizar está acción reivindicativa e aseguraron que «probablemente este goberno do PP non regue as árbores para que sequen por que foi o BNG quen as plantou, as árbores non teñen a culpa». Nestes días de calor e coas árbores recén prantadas o rego é máis necesario ca nunca para que se asenten no terreo e as raices medren como é débido.



Asociación As Carballeiras pídelle ao Concello que se faga cargo do rego das árbores como se fai en outras zonas axardinadas ou mesmo nas xardineiras que están colocadas en diversas partes da cidade. A empresa que coida os parques e xardíns xa dispón de un vehículo adaptado para o rego de árbores e prantas polo que se entende que regar estas 4 árbores tería un custo infimo para o concello.