A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, entregou os premios da XII edición dos concursos de Solistas e Música de Cámara e da XIV edición do concurso de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo, unha cerimonia que deu paso ao acto de graduación da promoción 2022-2026 do Grao e do curso 2025-2026 do Máster do centro.


A responsable provincial trasladou os parabéns ás persoas graduadas e galardoadas, así como ao conxunto da comunidade educativa polo traballo realizado ao longo destes anos.