Glockenwise presentan ‘Guerra do Caulino’, o novo sinxelo que anticipa o seu álbum ‘Vale tudo para chegar a algum lado’

A banda rock de Barcelos rompe tres anos de silencio discográfico e anuncia os primeiros concertos de presentación en Braga e Lisboa, nunha xira coa que visitará Galicia no outono.

Descubre más noticias musicales como ésta

Glockenwise, unha das bandas máis salientables da escena rock portuguesa actual, publica hoxe Guerra do Caulino, o segundo tema de adianto dun novo disco -sucedendo a Vai dar, lanzado en xaneiro-, que marca o regreso da banda de Barcelos ao estudio, tres anos despois da edición de Gótico Português, traballo que o público galego puido escoitar ao vivo en citas como os festivais Sinsal Osa do Mar

«Os nosos nacementos son contemporáneos da Guerra do Caulino, un conflito de intereses arredor dos terreos da explotación deste mineral e que envolveu, en protesta, os populares de Barqueiros, Barcelos. Esta coincidencia non ten particular relevancia, pero é un marcador cronolóxico cuxo significado ten matices que apenas se van revelando co paso do tempo», sinala a banda.

O novo disco de Glockenwise chamarase Vale tudo para chegar a algum lado.Presentarase en outono en Braga (Theatro Circo, 10 de outubro), Lisboa (Culturgest, 16 de decembro) -cuxas entradas xa se atopan á venda en BOL.pt e Ticketline, respectivamente- e tamén en Galicia. 

Glockenwise é unha banda de Barcelos composta por Nuno Rodrigues (voz e guitarras), Rafael Ferreira (guitarras), Rui Fiusa (baixo) e Cláudio Tavares (bateria). Nos seus 15 anos de traxectoria, teñen actuado tanto nas principais citas do seu país coma en numerosos escenarios europeos. 

Ás súas costas contan con cinco discos: Building Waves (2011), Leeches (2013), Heat(2015), Plástico (2018) e Gótico Português (2023). Neste 2026 publicarán o seu novo traballo discográfico da man do selo Vida Vã, creado pola propia banda no 2022. O álbum conta tamén co apoio do Fundo Cultural da Sociedade Portuguesa de Autores e da Fundação GDA. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios